lunes, 30 de diciembre de 2013

700 KILOS DE AGRADECEMENTOS

Pode considerarse un éxito a xornada deportivo-benéfica que organizaron o Sálvora C. F. e o Atlético Riveira este domingo na Fieiteira ca colaboración do Concello de Riveira e o colegio de árbitros de Boiro

Finalmente reuníronse uns 700 kilos de alimentos que foron entregados á presidenta da agrupacion local de Riveira da Cruz Roja e foron recollidos pola súa presidenta Ángeles Cores e que lle serán de moita axuda ás familias máis desfavorecidas de Riveira

Desde ambos clubs o único que podemos é agradecer a calaboración dos rapaces, familiares e demais aficionados que se acercaron á Fieiteira a pesar do frío polar que alí facía.

Os presidentes de ambos clubes facendo a entrega dos alimentos á súa homónima da Cruz Roja

No hay comentarios:

Publicar un comentario