lunes, 30 de diciembre de 2013

700 KILOS DE AGRADECEMENTOS

Pode considerarse un éxito a xornada deportivo-benéfica que organizaron o Sálvora C. F. e o Atlético Riveira este domingo na Fieiteira ca colaboración do Concello de Riveira e o colegio de árbitros de Boiro

Finalmente reuníronse uns 700 kilos de alimentos que foron entregados á presidenta da agrupacion local de Riveira da Cruz Roja e foron recollidos pola súa presidenta Ángeles Cores e que lle serán de moita axuda ás familias máis desfavorecidas de Riveira

Desde ambos clubs o único que podemos é agradecer a calaboración dos rapaces, familiares e demais aficionados que se acercaron á Fieiteira a pesar do frío polar que alí facía.

Os presidentes de ambos clubes facendo a entrega dos alimentos á súa homónima da Cruz Roja

miércoles, 25 de diciembre de 2013

XORNADA SOLIDARIA NA FIEITEIRA. GOLES CONTRA A CRISIS

O Atlético de Riveira e o Sálvora C.F.  organizan este domingo unha actividade moi especial na Fieiteira co obxetivo de xuntar alimentos para os máis necesitados. 



Os equipos prebenxamins, benxamins, alevins e infantís de ambos clubs enfrentaránse nuns partidos amistosos co fin de pasar unha xornada navideña facendo deporte e á súa vez colaborar en que ós máis necesitados do noso concello non lle falte algo que levar á boca nin estos días tan especiais nin o resto do ano.

Cada xogador e entrenador deberá levar 1 kg de alimentos non perecedeiros que lle serán entregados a voluntarios da Cruz Roja de Riveira que estarán no campo. Tamén os espectadores que accedan ó campo deberán levar a mesma cantidade (ou máis si queren). Todos os alimentos que se xunten irán destinados ó BANCO DE ALIMENTOS DA CRUZ ROJA DE RIVEIRA.

Esperamos que todo o mundo colabore nesta iniciativa que simplemente busca axudar ós que menos teñen








Os horarios son os siguientes:

INFANTILES                                                                           ALEVINS

10:00-10:45 Atl. Riveira - Salvora B                                         12:15-12:50 Sálvora A - Atl Riveira B
10:45-11:30 Salvora A - perdedor                                            12:50-13:25 Sálvora B - perdedor
11:30-12:15 Salvora A - ganador                                             13:25-14:00 Sálvora B - ganador


BENXAMINS                                                                          PREBENXAMINS

16:00-16:45 Sálvora B - Atl Riveira B                                       17:30-18:15 Sálvora B - Atl Riveira B
16:45-17:30 Sálvora A - Atl Riveira A                                       18:15-19:00  Sálvora A - Atl Riveira A